• Inicio
  • O Campamento
    • Obxectivos
    • Actividades
    • Material que precisas
    • O noso equipo
      • Metodoloxía
    • Lugar
      • As nosas instalacións
      • O P.N do Xurés
  • Bases
  • Documentos
  • Sorteo 2017
    • Solicitantes 2006-08
    • Solicitantes 2002-2005

Lugar

O Complexo do Corgo está situado no Parque Natural do Xurés e na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, en Mugueimes (Concello de Muiños, Ourense).

Ao carón destas instalacións atópase unha fermosa praia fluvial. Peirao con embarcadoiro flotante, embarcacións de remo, barco móbil, piraguas, barcos de auxilio e socorrismo, chalecos etc.

Neste lugar temos un albergue “O Corgo” para colectivos de 106 prazas, en dormitorios de 30, 20, 15, 10, 6 e 4 prazas, cociña con comedor panorámico sobre o encoro preparado para a práctica de diferentes actividades deportivas, comedor con vistas ao encoro – cafetería con terrazas abertas e un Edificio Socioxuvenil como centro xestor do Complexo.

No seu entorno máis próximo poderemos desfrutar dun arboreto e dun fermoso bosque de ribeira con numerosas especies autóctonas como carballos, salgueiros, freixos, amieiros, etc..

Comedor de O Corgo
Albergue do Corgo
O Corgo.

Praia fluvial e albergue do Corgo.

Ves de campas ao Parque Natural?

Descubre Ourense é o teu campamento de verán impulsado pola Deputación de Ourense, en colaboración co Concello de Muiños, co que pretendemos facilitar aos nenos e nenas, actividades lúdicas e educativas na natureza nun entorno saudable.

O campamento levarase a cabo do 1 ao 7 de agosto (2002-03-04-05) e do 8 ao 14 de agosto (2006-07-08) no Complexo do Corgo (Muiños).

Requisitos

Ter nacido do 2002 ata o 2008 e estar empadroado na provincia de Ourense.

Inscríbete

Poderanse solicitar as prazas mediante a entregada dunha folla de solicitude dende o 25 de maio ata o 14 de xuño no rexistro da Deputación Provincial de Ourense.

As follas de solicitude poden obterse no rexistro provincial ou na web www.exploraourense.com

A nosa filosofía

Explora Ourense queremos que sexa para vós unha nova experiencia onde fagades novos grandes amigos xogando e desfrutando da natureza do Parque Natural do Xurés e coñecendo os recunchos máxicos que agocha a nosa provincia.

Durante o campamento aprenderemos a respectar o Medioambiente, a traballar en equipo e a divertirnos de forma sana con obxectos cotiáns. Xuntos seremos mellores.

CyberChimps WordPress Themes

© Deseñado por Sustinea